“Montaña de ouro”, da Taberna de Angueira, foi a mellor tapa do concurso “Rois nun bocado”

28 Novembro 2025

O concurso Rois nun bocado xa ten gañador. A Montaña de ouro que preparou a Taberna de Angueira foi a mellor tapa das servidas en Rois durante o mes de novembro, segundo a opinión das 350 persoas que participaron na votación. Casa Benjamín e Bar Muelle quedaron segundo e terceiro, respectivamente.

Centos de persoas achegáronse aos oito establecementos de Rois que participaron na primeira edición do concurso organizado polo Concello para promocionar a gastronomía e hostalería do municipio. Algún dos establecementos serviu máis de 400 tapas na fin de semana que lle tocou concursar. De entre todos os clientes que degustaron os petiscos, 350 participaron na votación para elixir o mellor bocado deste concurso.

O solombo de porco ibérico, con patacas de Coristanco, queixo de Arzúa, cebola caramelizada e tomatiños da horta de Sara que presentou Taberna de Angueira (Augasantas) co nome de Montaña de ouro foi a tapa que conquistou o padal da maioría das persoas que emitiron o seu voto. Para participar os clientes tiñan que degustar tres tapas en dúas das zonas nas que se dividiu o concello. Como premio, Taberna de Angueira recibirá 300 euros.

O segundo posto, a pouco votos da gañadora, foi para o solombo de porco á mostaza antiga en tempura, cuberto de algas wakame en cama de puré de castañas que presentou Casa Benjamín, de Vilachán, que recibirá un premio de 250 euros.

Momento de reconto das votacións e elección dos gañadores tanto restaurantes como clientes

A costela a baixa temperatura, con patacas fritas e adobada con salsa barbacoa do Bar Muelle, de Rois, foi a terceira máis votada neste concurso, polo que recibirá 150 euros de premio.

Ademais dos tres gañadores, en Rois nun bocado tamén participaron O Fogar do Selmo (Urdilde), taberna O Pemento, café bar A Lúa, café bar Malecón e o restaurante Val de Rois (os catro da zona de Rois). Por un problema de saúde, finalmente non participou o restaurante Camiño do Mar (Urdilde).

As 350 persoas que votaron para elixir a mellor tapa de Rois entraron nun sorteo de tres vales de cen euros cada un, que poderán gastar nos establecementos participantes neste concurso antes do 1 de marzo de 2026.

As persoas gañadoras destes tres vales foron Lorena Agrafojo, Miguel Ramón Rodríguez e Patricia Ces, todas elas de Rois.

O sorteo dos vales e o reconto de votos para elixir a mellor tapa celebrouse esta mañá no salón de plenos do Concello de Rois, en presenza do secretario do concello, que levantou acta. As encargadas de realizar o reconto foron a técnica de normalización lingüística, Inmaculada Seage, e a xestora cultura, Anayansi Singh. No acto tamén estivo presente a concelleira de Cultura, Victoria Quiroga.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

En Mérida, onde a finais do século sexto xa había un xenodochium, un albergue de acollida easistencia para as multitudes que visitaban a tumba de Santa Olalla. Os historiadores e entendidosdin que foi o primeiro refuxio para peregrinos documentado en Hispania. E alí,...

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

Una encuesta reciente de IMOP-Insights pregunta por el estado de ánimo ciudadano yrevela que la tristeza es la emoción predominante entre los españoles ante una situaciónpolítica convulsa. “Una España entristecida, desengañada y hastiada de sus dirigentespolíticos”,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.