Valentín García enxalza “un dos nosos autores máis universais” no 10º aniversario do pasamento de Xosé Neira Vilas

28 Novembro 2025

A Xunta destaca o valor literario e humano de Neira Vilas na presentación do epistolario co profesor Alonso Montero

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou esta mañá na presentación do libro Correspondencia 1965-2014, publicado pola Editorial Galaxia, unha obra que recolle medio século de intercambio epistolar entre dous referentes da intelectualidade galega: Xosé Neira Vilas e Xesús Alonso Montero. O acto celebrouse coincidindo co décimo aniversario do pasamento do autor de Memorias dun neno labrego.

García salientou “a posta en valor dun dos autores galegos máis universais”, subliñando “a importancia dun intelectual que contou a historia de Galicia desde a aldea e que se autodenominaba un xornaleiro da lingua”. Destacou tamén que este epistolario revela “o compromiso dos escritores co galego no seu eido privado” e contribúe a “fortalecer a nosa lingua”.

Na presentación estiveron tamén presentes Fernando Redondo Neira, Xesús Alonso Montero e Xosé Manuel Soutullo.

Nova versión teatral de Memorias dun neno labrego

No marco deste décimo aniversario, o Centro Dramático Galego avanza xa nos ensaios da nova produción de Memorias dun neno labrego, dirixida por Cándido Pazo. A adaptación, realizada en colaboración coa compañía Contraproducións, levarase á escena no Salón Teatro de Santiago de Compostela do 8 ao 25 de xaneiro de 2026.

Trátase dunha homenaxe escénica á obra máis emblemática de Neira Vilas, que continúa a ser un alicerce fundamental da literatura galega e unha referencia para sucesivas xeracións de lectores.

Outros artigos

“Matemos la soledad” – Manuel Domínguez

Matemos la soledad, el abandono. Somos conocidos o amigos de antaño. Hoy vivimos en soledad, y a veces en el abandono. ¿Tu casa o en la mía? Ambos o ambas tenemos casa, nos valemos por nosotros mismos, así pues juntémonos, y vivamos juntos compartamos la vida. Tu casa...

+

Domingo 1, tempo seco con sol despexado en Santiago e nas Rías Baixas

Este primeiro de novmebro, Todolos Santos, Galicia continuará baixo o dominio do anticiclón situado sobre as Illas Británicas, o que asegurará unha xornada de estabilidade xeneralizada en boa parte do territorio. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

. Adiviña, adiviñador. . . Aparece á súa hora, sempre aparece:. sorriso medido,. lavado, nin unha enruga,. perfumado de brillos. e ventos de marca. . . Chucha a atención. . . Mírate aos ollos.. Pinta porvires sen sombras,. sen cansazo. . . Fai canto che di. . . Verán...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.