A Casa RIA acolle o mércores 3 unha xornada sobre as vantaxes ambientais da gandería extensiva

27 Novembro 2025

A Casa RIA vai acoller o vindeiro mércores 3 de decembro ás 18h unha xornada sobre gandería extensiva e o seu papel na prevención de lumes e na recuperación da biodiversidade dos nosos montes.

A sesión incluirá unha merenda inspirada no Barbanza, elaborada polo cociñeiro Iago Pazos de A Cantina e grazas ao apoio de Puraga. Degustaranse tres tapas de poldro maridadas con viños da comarca, poñendo en valor os recursos locais e as prácticas de pastoreo.

Isto será ao remate da mesa redonda, onde falarase de modelos produtivos que conectan economía local, soberanía alimentaria e sustentabilidade, situando a produción animal como aliada na protección do territorio.

Claudia de Sas, paisaxista na Fundación RIA, compartirá o traballo do Laboratorio Ecosocial do Barbanza e moderará a conversa con:

— Quico Ónega, enxeñeiro agrónomo no Laborate da USC
— Laura Lagos, enxeñeira de montes e doutora pola USC
— Joan Alibés, gandeiro e asesor na consultora Beealia

A asistencia á conversa e os petiscos posteriores require reserva previa na Rede, cun prezo de 12€ (gastos de xestión non incluídos).

A sesión forma parte do programa público da exposición do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, que está financiado con fondos europeos grazas ao apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU. A coordinación do proxecto do Laboratorio está a cargo da Fundación RIA.

Para máis información podedes consultar a nota de prensa que achegamos, xunto coas imaxes que acompañan. Calquera dúbida ou material adicional poden contactar co Laboratorio Ecosocial do Barbanza a través de info@barbanzaecosocial.org.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.