A Escola Agarimo organiza en Rianxo, esta semana, dous obradoiros solidarios de adobíos de Nadal

26 Novembro 2025

A Escola Infantil Agarimo organiza esta semana en Rianxo dous obradoiros de elaboración de adobíos de madeira para a árbore de Nadal. Serán dúas actividades solidarias, xa que todo o recadado será destinado á Asociación Galega de Fibrose Quística. A primeira das actividades celebrouse este martes 25 pero mañá xoves haberá unha nova oportunidade para participar en dous horarios: de 16.00 a 17.00 horas e de 17.00 a 18.00 horas. Organiza como dixemos a Escola Agarimo coa colaboración do Concello de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.