Os socialistas de Ribeira presentan un plan de contratación para fortalecer as medidas locais de reactivación económica

02 Maio 2020

O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Ribeira reforzou estes días o seu compromiso pola reactivación de Ribeira, ante as graves consecuencias que está a ter (e terá) a pandemia para sectores tan vulnerábeis como o comercio de proximidade ou o turismo, entre outros. Con este obxectivo presentou un Plan de Contratación 2020, achegado ao equipo de Goberno local como complemento ao Plan de Dinamización Comercial para Ribeira proposta hai dúas semanas. Os socialistas queren que o Plan de Contratación sexa valorado para a súa posíbel inclusión no Plan Marco de Medidas de Reactivación de Ribeira, EuRibeira, “co obxectivo común de reactivar economicamente a nosa sociedade, tralos problemas que está a ocasionar a crise sanitaria”.

O grupo de coordina José Vilas lembra que se trata “dunha ferramenta que lle permitirá ao Goberno local artellar medidas para aliviar e minimizar o escenario económico que se prevé unha vez que se inicie o desconfinamento en que nos atopamos desde o pasado 14 de marzo, e aos demais grupos políticos da corporación fiscalizar o correcto cumprimento das medidas adoptadas”.

O plan acabado de presentar polos socialistas de Ribeira catro eixos fundamentais:

– Imaxe de cidade

– Inicio de accións de dinamización comercial e hostaleira.

– Accións para o aumento da relación entre consumidor e comercio.

– Iniciativas destinadas ao financiamento das empresas.

Ribeira Solidaria

O PSOE local considera que o investimento municipal, de urxencia, “debe ir polo camiño da creación dunha Ribeira Solidaria (co conseguinte aumento dos programas e partidas sociais), e axudas dirixidas aos sectores económicos máis prexudicados, como a hostalería, as PEME, ou o comercio de proximidade”.

Acordo de todos os grupos

A agrupación engade que é un plan que “debería ser froito do acordo de tódolos grupos políticos representados, e debe estar incluído dentro dos Orzamentos 2020”, polo que solicitan ao Executivo ribeirense que “proceda a calcular a cifra que se destinaría a súa realización, para poder ter, agora mais que nunca, estes datos necesarios para poder ter una visión clara do proxecto da economía municipal.”

Axuda á planificación

O PSdeG-PSOE de Ribeira cree que a redacción deste documento “axudaría a planificar a reactivación económica da cidade”, ao tempo que contribuiría a mostrar ante os operadores económicos as necesidades institucionais que pretenden cubrirse mediante estes contratos, para “deste xeito”, poder “estudar e preparar as ofertas correspondentes”.

Ademais, engaden, reduciranse os prazos para presentar ofertas, especialmente nos contratos suxeitos a regulación harmonizada. “A redución de prazos servirá tamén para acurtar o prazo medio de pago aos provedores”, explican.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.