Merelles e o alcalde de Rianxo analizan novas vías para impulsar os recursos turísticos da comarca

26 Novembro 2025

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o alcalde de Rianxo e presidente da Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa, Julián Bustelo, mantiveron un encontro no que abordaron, entre outros asuntos, a importancia de potenciar os recursos turísticos e patrimoniais da comarca, como o Hórreo do Araño, o máis longo e de maior capacidade de toda Galicia, que se consolidou como un dos principais atractivos para os visitantes.

Turismo de Galicia

Ambos coincidiron na riqueza paisaxística e cultural deste territorio, que queda patente en espazos como o Miradoiro da Muralla, situado a 678 metros de altura e cunha ampla vista sobre a ría de Arousa, Muros-Noia e mesmo terras compostelás.

O miradoiro dispón dunha plataforma de madeira na cima do Monte Picudo, desde a que se contempla o núcleo rianxeiro e se accede ao pesqueiro de O Araño e á aldea de Burés a través da coñecida “Pista da Pedra dos Concellos”, punto de unión entre os municipios de Rianxo, Lousame e Rois.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.