De Ninghures actúa este sábado 29 no Auditorio de Rianxo

26 Novembro 2025

A banda De Ninghures, un dos grandes referentes da nova (e renovada) música de raizame galega estará esta fin de semana en Rianxo achegando un concerto, no mercado do programa Outono das Artes da Deputación da Coruña. Será o sábado 29 ás 20.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio. A entrada será de balde até completar o aforo (con retirada de convites na billeteira unha hora antes do comezo do concerto, máximo dous por persoa).

Segundo a presenta o Concello de Rianxo, De Ninghures é “unha das bandas referentes da potente e rica escena do folk galego actual”, un grupo que mestura mestría musical e actitude desenfadada, que sorprende en cada canción coas súas diferentes voces e a súa actualización das coplas e melodías populares, e que nos fai tanto bailar como emocionarnos coa súa particular fusión da música tradicional galega con ritmos e inspiracións doutras culturas como a latinoamericana ou a magrebí.

En 2022 publicaron Aquí, o seu primeiro álbum. Máis de medio cento de concertos e algúns sinxelos despois (coma o exitoso Morena) presentan traballo e espectáculo novo: Feira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.