Protestas no Barbanza pola discriminación salarial e reunión de Pérez Barral co persoal de limpeza en apoio ás reivindicacións

25 Novembro 2025

O portavoz do Bloque Nacionalista Galego e exalcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, mantivo este martes 25 de novembro unha reunión de traballo coas traballadoras do servizo de limpeza do Hospital do Barbanza, coincidindo coa concentración convocada polo persoal para reclamar a equiparación salarial coas súas compañeiras doutros centros hospitalarios da área sanitaria.

As profesionais denuncian que, a día de hoxe “cobran menos polo mesmo traballo, malia realizar as mesmas funcións e responsabilidades que noutros hospitais”. Ademais, levan meses solicitando encontros coa xerencia e coas autoridades sanitarias, sen que estas accedesen a reunirse co persoal, o que agrava unha situación laboral que cualifican de inxusta e discriminatoria.

Durante o encontro, o BNG recolleu as súas demandas e comprometeuse a trasladalas ás instancias competentes.

“Desde o BNG mostramos todo o noso apoio ás reivindicacións destas traballadoras, que só están pedindo xustiza salarial. É necesario equiparar os seus soldos ao que realmente se merecen, porque realizan un labor esencial nos hospitais galegos”, afirmou Luís Pérez Barral.

“Da limpeza do hospital dependen as intervencións cirúrxicas, a hixiene nas consultas e o benestar das persoas ingresadas. Sen o seu traballo, non hai atención sanitaria segura nin de calidade”, engadiu o portavoz nacionalista.

O BNG de Ribeira esixe á Consellería de Sanidade e á xerencia do Hospital do Barbanza que rectifiquen de inmediato, abran un proceso de diálogo co persoal e garantan unhas condicións laborais dignas e iguais ao resto da área sanitaria.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.