Ambar sumouse ao 25N condenando toda forma de violencia machista

25 Novembro 2025

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional sumouse hoxe, 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, ás accións e campañas institucionais e propias para visibilizar e condenar toda forma de violencia machista. O compromiso da entidade estendeuse a diferentes actos comarcais, destacando a participación activa nos actos de conmemoración nos concellos de Ribeira e Boiro.

Voces con Diversidade na Praza Pública

Un dos momentos máis significativos foi en Ribeira, onde Noelia Argibay, integrante de Elas, grupo de artes escénicas de Ambar, tomou a palabra na praza do Concello para realizar a lectura do manifesto xunto con outras entidades colaboradoras como A Creba, AGADEA, A Cofradía da Dorna ou Cáritas.

Tamén colaboraron no acto varios colexios da zona, tanto na lectura como desenvolvendo dunha acción artística. Estes xestos, salientaron dende Ambar, “subliñan o compromiso ineludible tanto da nosa asociación e das demais entidades, na defensa dos dereitos de todas as mulleres, poñendo énfase nas mulleres con diversidade funcional”.

En Boiro, a Asociación Ambar tamén estivo presente no acto municipal, asistindo á actividade Micro Aberto que contou coa participación e pezas musicais do alumnado dos IES locais, reforzando a mensaxe de concienciación interxeracional.

Campaña contra a Violencia Dixital

Paralelamente, no Centro de Recursos de Ambar sumouse á campaña De Fronte, da Deputación da Coruña, baixo o lema Que o futuro non nos leve ó pasado. Esta iniciativa centrouse en visibilizar a violencia machista dixital, a miúdo sutil e normalizada.

Mediante un mural colectivo de compromiso, a campaña acadou un notábel éxito de participación. As persoas implicadas escribiron os seus pensamentos e compromisos persoais para colgalos nas súas tarxetas nun panel colaborativo, convertendo a acción nunha declaración conxunta contra a violencia de xénero.

A Asociación Ambar agradeceu a todas as persoas colaboradoras, participantes e entidades que demostraron estar unidas contra calquera forma de violencia.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.