O Concello de Boiro e os IES do municipio conmemoran o 25N coa exhibición de cancións pola igualdade

25 Novembro 2025

O Concello de Boiro celebrou na mañá deste martes o acto institucional con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia conta a Muller, e fíxoo coa lectura dun manifesto e a exhibición de pezas musicais creadas polo alumnado de 1º da ESO dos IES do municipio.

O concelleiro de Política Social, Raúl Treus, abriu o acto agradecendo a implicación do Centro de Información á Muller (CIM) e ao alumnado dos IES que participa neste acto xa que “non son so o futuro do noso concello ou da nosa sociedade, senón que deles vai depender que cheguemos á eliminación total da violencia de xénero ou vicaria”.

Pola súa parte o alcalde, José Ramón Romero, na lectura do manifesto, recoñeceu o compromiso total do Concello de Boiro na condena contra esta lacra: “Negar ou relativizar a violencia machista é contribuír á súa persistencia e, fronte a iso, esta institución e a sociedade deben manterse firmes, unidas e comprometidas”.

Logo dun minuto de silencio, o alumnado dos IES A Cachada, IES Espiñeira e IES Praia Barraña exhibiron as pezas musicais realizadas no obradoiro Creación musical pola igualdade que desenvolveron durante o último mes e que denuncian a problemática da violencia de xénero e axudan a dar visibilidade ás novas formas de violencia en contornas dixitais.

O Concello de Boiro inaugurou tamén unha exposición permanente que se pode ver na Casa Consistorial e será itinerante por centros sociais e de ensino na que se representan os fitos máis relevantes e datos en canto á loita contra a violencia de xénero.

Ademais, esta semana a Casa Consistorial iluminarase de cor violeta para reivindicar e dar visibilidade a esta lacra social.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.