O Concello de Ribeira convoca as subvencións destinadas ás asociacións de maiores

25 Novembro 2025

O Concello de Ribeira informa da publicación da nova convocatoria de subvencións destinadas a fomentar, apoiar e impulsar as actividades desenvolvidas por entidades sen ánimo de lucro existentes no municipio no eido da acción social, concretamente, ás asociacións de maiores. Os obxectivos estratéxicos de dita convocatoria son “contribuír a promover a iniciativa social sen ánimo de lucro, corrixir déficits na cobertura e prestación de servizos sociais, e apoiar a existencia dunha programación de actividades orientadas ao colectivo de maiores, artellada por entidades onde a Administración local represente un papel secundario”.

Poderán ser subvencionadas, ata un máximo do 50% do gasto acreditado, a organización de proxectos, actividades ou servizos para a dinamización, a participación social e a mellora da calidade de vida das persoas maiores e persoas con diversidade funcional; accións de promoción de estilos de vida saudables; e accións ou programas tales como cursos, viaxes culturais, obradoiros, celebración e conmemoración de festas tradicionais, e outras similares.

O prazo de presentación das solicitudes é dun mes dende o día seguinte ao da publicación de dita convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP), do 18 de novembro de 2025. Deberase formalizar de maneira telemática xunto coa instancia xeral e demais documentación na sede electrónica municipal.

As bases e os anexos a cubrir están dispoñíbeis na páxina web municipal. Tamén poden resolver dúbidas no propio Departamento de Servizos Sociais Comunitarios.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.