O Museo do Gravado de Artes abre a mostra colectiva “Alcogravado” conformada pola visión de 38 artistas

22 Novembro 2025

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, participou este venres 21 na inauguración da mostra Alcogravado, no Museo do Gravado de Artes; primeiro acto tamén en calidade de presidenta da Fundación Museo de Artes do Gravado. Esta exposición chega trala impartición dun obradoiro único en
España, froito das sinerxías entre esta institución museística e a Universidade e o Instituto Universitario de Investigación en Arte e Tecnoloxía de Salamanca.

O resultado son 38 obras derivado do proceso de aprendizaxe de 38 artistas que se formaron no gravado sobre metal empregando o
mordente da man dos profesores José Fuentes, Isabel Carralero e Antonio Navarro.

“O mundo da estampa está en constante actualización, asumindo novas técnicas para renovar a maneira de facer e desfrutar da arte”,
manifestou a rexedora quen gabou o labor pedagóxico do Museo e felicitou ao profesorado e alumnado participante que “converten esta
visita nunha experiencia excepcional.” Nesta mesma liña, Sampedro puxo en valor a institución museística como “indiscutible motor cultural que espalla arte alén das nosas fronteiras dende unha parroquia que non pode levar nome máis axeitado”.

Exposición colectiva

Carmen Alonso, María Baamonde, Alejandro Bobillo, Sonia Cabello, Mercedes Calderón, Yolanda Carbajales, Fernando Carballa, Isabel
Carralero, Dolores Cela, Alberto García, Rafa Gómez, Ramón Grau, Maite Janeiro, Imma Jiménez, Pepe Lijó, Aida López, María Teresa López, Meis, Encarna Méndez, Mar Mendoza, Mónica Montero, Antonio Navarro, Nuria Pena, Alberto Pena, Antonio Pérez, SandraRamos, Concha Redondo, Rosa Rico, Ester Rincón-Benzalá, Delio Rivadulla, Ana R. Barbará, Lucía Romes, Pastor Rodríguez, Isabel Somoza, Olga Tenorio, Andrés Touceda, Mariña Vázquez e Néstor Vega son os artistas que exploraron esta técnica e asinan os gravados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.