En Santiago unha muller resulta ferida de gravidade ao caer co seu coche dende unha rotonda á A-54

21 Novembro 2025

Un aparatoso accidente rexistrado esta tarde en Santiago deixou ferida grave a unha muller de 47 anos, veciña da cidade, que circulaba pola estrada SC-30 —o novo enlace orbital— cando perdeu o control do seu vehículo ao chegar a unha rotonda.

TVG

O coche impactou contra a barreira de protección e caeu por un desnivel de arredor de 30 metros ata a autovía A-54, que conecta Santiago con Lugo. Un vehículo que circulaba pola autovía conseguiu esquivar o impacto, mentres que unha ambulancia que viña detrás asistiu á condutora desde o primeiro momento, atrapada no interior do turismo.

Os bombeiros tiveron que intervir para excarcerar á vítima, que foi trasladada en estado grave ao Hospital Universitario de Santiago.

A Dirección de Tráfico cortou durante varias horas a circulación en dirección a Santiago, á altura do quilómetro 91 da A-54, ata que se retirou o vehículo accidentado. As causas do sinistro están a ser investigadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.