Porto do Son contará cunha aula de formación na lonxa para impulsar o relevo xeracional

20 Novembro 2025

A confraría de pescadores de Porto do Son e a Consellería do Mar avanzan na creación dunha aula de formación dentro da lonxa da localidade, un proxecto que busca dar novas oportunidades á xente nova e reforzar o futuro do sector mariñeiro. A iniciativa foi tratada nun encontro entre a conselleira Marta Villaverde e o patrón maior da entidade, Emilio Queiruga, no que tamén participou o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez.

O proxecto prevé a ampliación da primeira planta da lonxa para habilitar este espazo formativo, ademais da instalación dun ascensor que garanta a accesibilidade. A aula permitirá organizar cursos e actividades dirixidas a profesionais e novos aspirantes, favorecendo así o relevo xeracional nun sector clave para a economía e a identidade de Porto do Son.

A actuación contará co apoio económico do GALP e suporá tamén unha mellora das condicións de traballo na lonxa, humanizando un espazo que é punto de encontro diario para centos de mariñeiros. Ademais, acordouse delimitar zonas para almacenaxe de pertreitos e pintar novas prazas de aparcadoiro, medidas que mellorarán a seguridade viaria na contorna.

Portos de Galicia comprometeuse a realizar obras de conservación na rampla de descarga e a visitar o porto sonense para avaliar outras melloras necesarias. Con estas actuacións, a lonxa de Porto do Son reforza o seu papel como centro neurálxico da actividade mariñeira e como espazo de futuro para as novas xeracións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.