O Concello de Ribeira saca a licitación a renovación do parque infantil da rúa Castelao

20 Novembro 2025

O Concello de Ribeira sacou a licitación a renovación do parque infantil da rúa Castelao, en Aguiño, co obxectivo de crear “unha área de lecer que dea resposta ás necesidades actuais da rapazada da parroquia”. Segundo informou o Concello, o parque precisaba dunha renovación urxente.

As obras consistirán na retirada dos actuais elementos de xogo para crear unha nova superficie lixeiramente máis ampla, na que se colocará un equipo combinado con capacidade para uns 36 nenos e nenas (dotado de tobogán, plataformas e zonas de rube), unha randeeira dobre, dous peiraos con figuras de animais e un balancín tipo carrusel. A maiores, dotarase de pavimento de caucho continuo e manterase o valado perimetral actual ao ser colocado recentemente.

Os traballos terán un prazo de execución de tres meses.

O orzamento de licitación é de 103.253,52 euros, IVE incluído, con cargo ao POS+2025. As ofertas presentaranse a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX) antes das 23.59 horas do 9 de decembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.