Rois acollerá o Campionato Galego de Mushing Terra o domingo 21 de decembro

19 Novembro 2025

Rois volverá citarse co mushing o domingo 21 de decembro na novena edición do IX Mushing Montes de Rois, que este ano acada unha especial relevancia ao converterse no Campionato Galego de Mushing Terra.

A proba reunirá en Rois aos mellores mushers de Galicia, que competirán en tres modalidades: bikejoring, patín e canicross.

O percorrido iniciarase na Peruca e desenvolverase polos montes de Cornes e Seaxe, un trazado ideal para este tipo de competición, combinando seguridade, natureza e esixencia técnica.

O horario da competición é o seguinte:

  • 8.30 h – Control veterinario e entrega de dorsais
  • 9.30 h – Reunión informativa
  • 10.00 h – Saída da primeira persoa participante
  • 13.30 h – Publicación de resultados oficiais
  • 14.00 h – Entrega de premios

As inscricións deben realizarse a través da páxina web galitiming.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.