Unha moza resulta ferida por un coitelo nun hotel de Vilagarcía e a Policía investiga se foi un accidente

16 Novembro 2025

Unha moza tivo que ser trasladada ao hospital de Vilagarcía de Arousa tras resultar ferida nunha perna por un coitelo, unha lesión que lle provocou unha hemorraxia que requiriu asistencia médica. A Policía Nacional investiga agora o ocorrido para determinar se se tratou dun accidente, como sosteñen tanto a vítima como a súa parella, con quen se aloxaba nun hotel da localidade.

Segundo fontes da Policía Local, o aviso chegou ao redor das 09.00 horas a través do persoal do establecemento, aínda que o incidente produciuse varias horas antes, ao redor das 04.00. A moza presentaba un corte por baixo do xeonllo provocado por unha arma branca, motivo polo que foi trasladada a un centro hospitalario para controlar a hemorraxia.

Tanto ela como o seu acompañante aseguran que a ferida se produciu de maneira accidental. Ata o lugar desprazáronse patrullas da Policía Local e da Policía Nacional, sendo este último corpo o encargado de instruír as dilixencias para esclarecer o sucedido.

TVG

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.