“Este compendio”. Luís Celeiro

16 Novembro 2025

Unha parte importante dos artigos desta sección, Tía Manuela, aparecen compendiados nun libro de
trescentas catro páxinas, editado por Lar libros e a Asociación de Periodistas e estudosos do Camiño
de Santiago (APECSA). Para o seu autor é como un enorme pracer observar e palpar a realidade da
incorporación deste libro , Andares, aos estantes de novidades das librarías galegas. Parabéns e
agradecemento da Tía Manuela para todas as persoas que o fixeron posible e, de modo moi
especial, para vostedes lectores e lectoras. Parabéns polo seu tempo e o polo seu compromiso.
Grazas.
Andares conta cun limiar do veterano xornalista, Xosé María García Palmeiro. Grazas tamén para el,
polo seu ben facer e polo seu saber. Segundo a introdución publicada nas primeiras páxinas do libro,
“en agosto de 2015, incorpórase ás páxinas de tres xornais galegos, El Progreso, Diario de
Pontevedra e El Correo Gallego, a Tía Manuela, unha sección semanal para recoller artigos de
opinión e interpretación sobre un tema de actualidade ou suposta importancia para os lectores,
sobre feitos que acontecen no país ou que teñen relación con esta terra, coas súas xentes, coa nosa
cultura e coa vida diaria”.
Enseguida, “La Región fai seu este artigo e honra ao seu autor publicándoo todos os mércores de
cada mes e de cada ano. Máis adiante acolleron á Tía Manuela outros xornais, El Ideal Gallego,
Diario de Ferrol, Diario de Bergantiños, Diario de Arousa, O Barbanza, Diario de Compostela e Diario
de Santiago”. Era, e segue sendo, “un artigo por semana, dirixido aos que escoitan, aos que len, a
tódalas persoas que falan e ás que calan”.
En cada un destes artigos faise “reflexión concienciuda e sinxela”, apoiándose no sentido común,
“nese coñecemento e nesas crenzas, máis ou menos, compartidas pola nosa sociedade”,
procurando darlles espazo e voz aos que o precisan; tratando que ese sentido común sexa cada vez
máis común.
Agora, nestes días, andaremos en presentacións. Iremos a onde nos chamen, sempre ao dispor de
vostedes. Con este compendio de artigos, distribuídos en nove capítulos, recordaremos alí, onde
cheguemos, que, como dicía Uxío Novoneyra en “A letanía de Galicia” (1968), “sabemos que ti podes
ser outra cousa / sabemos que o home pode ser outra cousa”.

Outros artigos

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...