O Concello de Rois recordará as vítimas da violencia de xénero con candeas neste 25N

13 Novembro 2025

O Concello de Rois conmemorará o 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, cunha serie de actos simbólicos, educativos e culturais que teñen como finalidade promover a sensibilización social e o compromiso colectivo fronte á violencia machista.

O propio 25 de novembro, o Concello impulsará a colocación dunha candea en cada negocio local e nas dependencias municipais, en memoria das vítimas da violencia de xénero. Xunto a estas candeas, deixará tamén folletos divulgativos para dar a coñecer o Centro de Información á Muller (CIM) Terras de Iria, que presta apoio e asesoramento ás mulleres vítimas da violencia nos concellos de Rois, Padrón e Dodro.

O venres 29 de novembro desenvolverase o acto institucional. A xornada incluirá a lectura do manifesto do Concello de Rois contra a violencia de xénero, reafirmando o compromiso municipal coa súa erradicación. Durante o acto, realizarase tamén unha mención expresa a cada vítima do último ano, no que será un momento de lembranza e respecto.

A continuación, o público poderá asistir á representación da obra Sen lingua, espectáculo da compañía Serea Teatro na que se aborda a violencia de xénero coa historia dunha parella na que o home eclipsa o espazo mentres a muller vai perdendo a súa voz.

Ademais destes actos principais, o Concello de Rois está a desenvolver outras accións complementarias arredor do 25N nos centros educativos do municipio:

-Colocación de sinais de STOP violencia de xénero no CEIP de Pumar-Urdilde, no CPPI dos Dices-Rois, na Escola de Educación Infantil e no Punto de Atención á Infancia.

-Obradoiro Hai saída grazas a ti, coa que o alumnado de 4º da ESO traballará a temática da violencia de xénero desde a reflexión e o papel activo da mocidade na súa prevención.

-Obradoiros impartidos pola dinamizadora do CIM para traballar a igualdade e o respecto co alumnado de infantil dos colexios de Rois e de Urdilde.

O Concello de Rois convida a familias, comunidade educativa e toda a veciñanza a participar nos actos e lembra que acabar coa violencia de xénero é labor de toda a sociedade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.