A obra “Retrincos de Castelao” fará recaladas en Outes (o 22N) e en Padrón (o 4D)

12 Novembro 2025

A Secretaría Xeral da Lingua vai levar a Outes e Padrón o espectáculo Retrincos de Castelao, peza teatral sobre a vida do ilustre escritor, artista e político rianxeiro. Representarase na Casa da Cultura de Outes o día 22 de novembro ás 20.00 horas, e máis na sede da Fundación Camilo José Cela, en Padrón, o día 4 de decembro ás 20.30 horas.

Nesta proposta cultural, a través dun ollo de vidro que lle dá nova forma á realidade, os cómicos Isabel Risco e Fran Rei lévannos a presenciar a vida dos homes e mulleres que habitaron esta terra para que poidamos comprender, como comprendeu Castelao, quen fomos e quen somos. Con texto de Diego Rey, esta peza teatral supón un achegamento ao humor na obra do inmortal autor de Rianxo.

Retrincos de Castelao é unha das actividades con que a RDL súmase á celebración do Ano Castelao en 10 concellos da Rede de Dinamización Lingüística.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.