Xarope Tulú e Galeatro levan a Rianxo (este sábado) o espectáculo teatral familiar “Berenguela na gaiola”

11 Novembro 2025

O Auditorio de Rianxo vai albergar este sábado 15 de novembro un novo espectáculo teatral para a rapazada, a cargo de Xarope Tulú e Galeatro. Trátase da peza Berenguela na gaiola, obra gañadora no 4º Certame Manuel María de Proxectos Teatrais. Será este sábado ás 19.00 horas. Trátase dunha proposta teatral familiar para crianzas a partir de seis anos. A entrada será de balde até completar a capacidade do espazo. A retirada de convites farase dende unha hora antes do comezo da función, que se encadra no programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

A peza sitúanos nunha residencia da Terceira Idade, a onde traen de volta a Berenguela, unha anciá que aproveita para fuxir en canto pode. Quere volver á súa casa na aldea, onde sempre viviu, onde é feliz. Berenguela protesta, rosma, funga, ata que a súa amiga Aurora consegue acougala. Aurora é outra anciá prisioneira, unha anciá que non lembra ben quen é, así que pode ser o que ela queira. Na mesma residencia está Tomás, que pasa o día mirando pola xanela, cismando nas súas cousas, triste e gris.

Berenguela propón unha revolta, que se volvan salvaxes e perigosas, pero Aurora suxire que fagan no teatro o que non lles deixarían facer na realidade. Cre lembrar que foi actriz e que hai unha peza co nome de Berenguela. Berenguela coñece a peza, por iso leva o seu nome. As dúas enredan a Tomás e Tomás déixase enredar. No teatro atopan a liberdade que cren perdida, a posibilidade de cambiar o mundo, ou, polo menos, o seu mundo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.