Activada para o martes a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Pontevedra

10 Novembro 2025

A Xunta de Galicia activou para mañá a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra, segundo a información facilitada pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).

O episodio adverso afectará especialmente o noroeste, oeste e suroeste da costa coruñesa, así como as Rías Baixas e a zona do Miño no litoral pontevedrés. Prevese vento do sur e suroeste con forza 8 e mar combinada do oeste ou suroeste con ondas de ata seis metros.

Co obxectivo de garantir a seguridade das persoas e dos bens, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes informou da situación a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia aos concellos afectados, deputacións, servizos provinciais e agrupacións de Protección Civil, así como a clubs náuticos e entidades vinculadas ao mar.

Ademais, desde a Secretaría Xeral para o Deporte, a mesma consellería anunciou a suspensión da actividade deportiva federada e do programa Xogade no mar nos concellos afectados. A medida estará vixente desde as 09:00 horas deste martes ata as 09:00 horas do mércores, 12 de novembro.

A Xunta lembra á cidadanía a importancia de manterse afastada da liña de costa, evitando diques, rompentes e paseos marítimos, así como extremar as precaucións nas actividades marítimas e revisar os cabos e amarres das embarcacións ante o risco de forte ondada.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.