Cris de Caldas leva a súas “Mulleres de Contos” a Dodro (este venres)

10 Novembro 2025

O venres 14 de novembro, ás 17.30 h, a Casa da Cultura de Dodro vai acoller o espectáculo Mulleres de Conto, a cargo de Cris de Caldas.
Trátase dunha actuación pertencente ao Programa Rede Cultural 2025 da Deputación da Coruña. As prazas son limitadas, e as inscricións hai que facelas no 981 802 472.

Sinopse

Pensando nas historias que máis me emocionan chegaron as destas mulleres que non viviron, precisamente, unha vida de conto pero, sen dúbida, merecen ser lembradas. Non saen nos libros de historia pero, xa se sabe, a historia hai que coñecela para non cometer os mesmos erros. Recompilando historias de vida e contos de tradición oral e literaria onde as mulleres demostran ser as protagonistas das súas vidas incluso cando a morte ande preto, cheguei a darlle voz.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.