Muros aproba a desafectación da Escola de San Xosé e o manifesto do 25N

10 Novembro 2025

O Concello de Muros vén de aprobar en sesión plenaria ordinaria a desafectación da Escola de San Xosé, un inmóbel e de titularidade municipal que permanecía cedido á Xunta de Galicia mentres funcionou como centro educativo. Tras o peche da escola, o grupo de Goberno iniciará os trámites para recuperar plenamente a cesión e devolver o uso das instalacións ao Concello de Muros, o que permitirá empregar o edificio para novos proxectos municipais sen necesidade de solicitar autorización á actual Consellería de Educación.

Outro punto aprobado foi a declaración institucional con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra as Violencias Machistas. A corporación amosou o seu compromiso común fronte a esta lacra social, subliñando a responsabilidade das administracións públicas na prevención e na loita contra todas as formas de violencia exercida contra as mulleres.

O Concello lembra á veciñanza que as sesións plenarias son públicas e accesíbeis para todas as persoas, e que as videoactas poden consultarse na canle de YouTube do Concello de Muros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.