“Un Estatuto Marco na percura de reforma que non chega á Sanidade” – Antón Luaces

09 Novembro 2025

A reforma do Estatuto Marco entra no seu apartado final de ano para pechar a axenda lexislativa na que figura entre os asuntos máis espiñentos.

O equipo ministerial, no que están representados CESIF, SATSE-FSES, FSS-CC.OO. e CIG-Saúde abordaron a pasada fin de semana aspectos como a xubilación e a xornada laboral do persoal sanitario, nunha negociación que semella non dar chegado a remate. Tanto é así que a carteira de Sanidade vai reunirse  novamente este martes, 11 de novembro. Desta vez sentará á mesa co comité de folga dos médicos nun intento por acadar dar un pulo definitivo ao texto.

Van xa tres anos desde aquel setembro de 2022, cando sindicatos, comunidades autónomas e a propia Administración  se reuniran por primeira vez para debater a niva norma. Non é casualidade que estea a custar tanto aprobala. Hai moito en xogo.

O documento en cuestión non é un mero trámite máis: regula as condicións laborais do persoal sanitario, o esquelete sobre o que acae boa parte da calidade  asistencial do país e que define dereitos, deberes, criterios de selección, mobilidade, xornada, permisos, retribucións e réxime disciplinario. É dicir: estipula as regras de traballo que garanten o sistema público de saúde.

Compre lembrar que a votación última non acadou atemperar as augas , por máis que o departamento incorporou parte regras do Ámbito de Negociación , onde as organizacións sindicais denunciaron que a súa participación desembocara nun escrito “valeiro” con “carencias fundamentais” e “incaoaz de garantir dereitos ou melloras das condicións laborais do persoal do Sistema Nacional de Saúde.

Os puntos de fricción están centrados en tres aspectos: gardas e xornadas, xubilacións e mobilidade e categorias profesionais. No bloco primeiro, a Administración formula un recurte técnico de xornada a 17 horas, un límite mensual de gardas e unha redistribución horaria que espertou críticas  polas “salvedades” introducidas e por seguir sen recoñecer as gardas coma horas extraordinarias”.

Ahí está tamén o debate sobre a xubilación. Especialmente en torno á anticipada e dos coeficientes redutores. No tocante ás oposicións e á mobilidade, Sanidade defende a axilización dos procesos de Oferta Pública de Emprego; os sindicatos esixen máis garantías  e un estatuto específico para o persoal médico, petición que o Ministerio rexeitou de plano coas conseguintes folgas, concentracións e protestas, que se repetiron ao longo dos últimos meses.

A reforma do Estatuto Marco resposta a un compromiso adquirido en Bruxelas. O actualmente vixente xa ten vinte anos de vida: remóntase ao segundo goberno de José María Aznar, con Ana Pastor á fronte do Ministerio de Sanidade e Consumo. Desde aqela apenas foi modificada, a pesar de que o sistema sanitario español mudou completamente na súa estrutura, plantel e realidade asistencial.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.