Ribeira realiza labores de limpeza nos parques infantís para garantir a súa salubridade

09 Novembro 2025

O Concello de Ribeira iniciou unha campaña de limpeza nos parques infantís do municipio co obxectivo de garantir a salubridade destes espazos de lecer, especialmente nestes meses nos que o mal tempo provoca que as zonas de caucho se ensucien con maior facilidade.

A alcaldesa, María Sampedro, explicou que os traballos comezaron polos parques con maior afluencia de nenos e nenas:

“Empezamos polos parques que aglutinan maior número de nenos e nenas para despois continuar polo resto do concello. Queremos que, dentro das posibilidades que nos deixa o inverno de saír ao exterior, teñan estas zonas en óptimas condicións”.

A brigada municipal centrou os seus labores nos últimos días no parque das Abesadas, e na vindeira semana está previsto que as tarefas de limpeza se trasladen ao parque de García Bayón.

Dende o Concello subliñan que esta actuación forma parte das accións periódicas de mantemento dos espazos públicos, co propósito de ofrecer ás familias lugares seguros e limpos para o xogo e o desfrute da infancia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.