29 abril: lixeira suba de vitimas 325, e os novos contaxiados, 2.144. Galicia rexistrou onte 7 vitimas

29 Abril 2020

Dispárase o número de curados, con 6.399 casos novos en 24 horas, pola suma de novos casos de Galicia consolidou os seus datos de altas domiciliarias e sumou de golpe 3.552 persoas curadas, fronte ás 1.841 que comunicaba este martes.

O Ministerio de Sanidade actualizou o balance de contaxiados e falecidos por coronavirus en España ao 29 de abril:_

-24.275 mortos. 325 mortos máis. Sanidade explicou que hai unha comunidade autónoma que notificou falecidos que non estaban comunicados e por iso résta casos de onte (23.822) non coincide.

-212.917 confirmados. 2.144 casos novos. É un incremento do 1%.

-900 dos casos son debidos a notificacións que non son PCR, segundo Sanidade.

-108.947 curados. 6.399 novos, un dato que se disparou pola suma de novos casos de Galicia, que non consolidara estes datos.

En Galicia ten 325 vitimas en hospitais e 128 en residencias. A cifra total de casos activos por coronavirus é de 6.947, dos cales 1.667 correspóndense coa área sanitaria da Coruña, 675 á de Lugo, 1.325 á de Ourense, 576 á de Pontevedra, 1.236 á de Vigo, 1.061 á de Santiago de Compostela e 407 á de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 73 permanecen en UCI, 495 atópanse ingresados en unidades de hospitalización e 6.379 en illamento domicilario con seguimento médico. Ata o momento, en Galicia rexistráronse 1.841 altas hospitalarias e un total de 547 falecementos. Por outra banda, o número de probas de diagnóstico PCR realizadas alcanza a cifra de 90.000.

Datos Covid 19 , 29 de abril 2020

Outros artigos

Ribeira presenta o programa de conciliación para o verán 2024

Concello O segundo tenente de alcalde Vicente Mariño e a concelleira Tania Redondo presentaron hoxe o programa de conciliación Días Sen Cole de cara ao verán deste ano 2024.A área de Servizos Sociais Comunitarios impulsa os campamentos de conciliación durante as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Toda la noche remando…”. José Castro López

“Toda la noche remando…”. José Castro López

Es difícil saber si la derrota de los partidos independentistas catalanes generó en susdirigentes, además de decepción, más frustración que reflexión, pero ese veredicto delas urnas evoca el dicho popular “toda la noche remando para morir en la orilla”.Después de...