Tres delegacións internacionais do Véneto (Italia), Norland (Noruega) e Vastra Gotland (Suecia) visitarán Fairway da man do Camiño da Ría de Muros Noia

06 Novembro 2025

A Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia participará no sexto Fórum do Camiño de Santiago Fairway, que terá lugar do 9 ao 11 de novembro na Cidade da Cultura de Galicia. A asociación estará presente no gran foro dos profesionais do Camiño cun gran stand xunto á Asociación Internacional Vía Querinissima. Ademais de participar no workshop organizado por Fairway con preto de corenta recoñecidos turoperadores, axencias de viaxes, centrais de reservas e axencias que traballan no Camiño a nivel internacional, a asociación aproveitará para presentar as súas últimas novidades tanto en materia de produtos turísticos (tales como as exitosas peregrinacións marítimas xunto a operadores como Sailway, Julio Verne Náutica, Monte Real Club de Yates de Baiona e Asnauga) como editoriais (como os libros O itinerario da peregrinación de Pietro Querini (1431) de Muros a Santiago de Compostela, O catálogo de peregrinacións marítimas pola Ría de Muros Noia ou a guía El Camino de Santiago de la Ría de Muros Noia).

Promoción da Vía Querinissima

Así mesmo, o domingo 9 de novembro, ás 13:00 horas, o presidente da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia, Luís Oujo, acompañará aos integrantes de tres delegacións internacionais do Véneto (Italia), Norland (Noruega) e Vastra Gotland (Suecia), que farán unha visita oficial a Fairway co obxectivo de promover a candidatura a Itinerario Cultural Europeo da Vía Querinissima. Unhas delegacións encabezadas por Roberto Ciambetti, presidente do Consello Rexional do Véneto, órgano lexislativo desta rexión italiana, e presidente da Asociación Vía Querinissima. Tras visitar Fairway e o stand da Asociación, as delegacións aproveitarán para visitar a Catedral de Santiago e facer un percorrido polo centro histórico da vila.

A delegación da Rexión do Véneto (Italia) está composta por Roberto Grande, xefe de Gabinete do presidente Roberto Ciambetti; Roberto Valente, secretario xeral do Consello Rexional do Véneto; Fausta Bressani e Stefano Sisto, directores dos departamentos de Cultura e de Turismo; Mara Tognon, manager de proxectos europeos e Nicoletta Martorana, directora da Asociación Vía Querinissima.

A delegación da rexión de Norland (Noruega) está integrada por Arne Ivar Mikalsen, conselleiro de Cultura e vicepresidente da Asociación Vía Querinissima; e Stefano Agnoleto, presidente do Comité Científica da Asociación. Finalmente, Daniel Anderson, deputado e membro do comité de Cultura, encabezará a delegación da rexión de Vastra Gotland (Suecia).

Via Querinissima

A Asociación Cultural Internacional Vía Querinissima fundouse para promover e enriquecer o itinerario cultural inspirado na viaxe de Pietro Querini, unha das primeiras peregrinacións documentadas polo Camiño da Ría de Muros Noia. A súa misión é fomentar o diálogo intercultural reconectando o Norte e o Sur de Europa a través da historia, as paisaxes e as tradicións.

O proxecto conta como impulsores principais coas rexións do Véneto, Nordland e Vastra Goltland, ademais da Asociación de Concellos da Ría de Muros Noia e numerosos apoios internacionais de institucións culturais, universidades e asociacións de Italia, Noruega, Suecia, Suíza, Grecia, España, Cidade do Vaticano, Portugal, Austria e Reino Unido.

Vía Querinissima inspírase nos fondos valores que xurdiron da viaxe de Pietro Querini: o diálogo cultural, o intercambio, a hospitalidade, a memoria compartida, a solidariedade e a cooperación entre os pobos. A ruta baséase no diario de Pietro Querini, quen en 1431 emprendeu unha viaxe de Creta a Flandes que acabaría converténdose nunha das odiseas marítimas máis emblemáticas do século XV, pasando por Cádiz, Canarias, Lisboa, Muros e Fisterra. Tras múltiples desventuras, como avarías, desvíos forzosos e tormentas, acabaría finalmente nas illas Lofoten, onde descubriría o bacallau seco, que acabaría tendo un enorme impacto no comercio europeo da época.

A ruta marítima e terrestre atravesa Creta, as cosas de España e Portugal, e logo se estende por Noruega, Suecia, Inglaterra, Alemaña, Suíza e Austria ata chegar a Venecia. O tramo galego da Vía Querinissima está integrado polo camiño de peregrinación de Muros a Santiago de Compostela, que Querini deixou perfectamente documentado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.