O BNG acusa a Sanidade de “usar as listas de substitución con intereses partidistas” e reclama máis médicos para A Pobra

05 Novembro 2025

A deputada do BNG, Rosana Pérez, denunciou no Pleno do Parlamento “a marxinación que está a sufrir a veciñanza da Pobra no que se refire á atención sanitaria” e acusou o Goberno do PP de “estar utilizando as listas de substitución e contratación de médicos de Atención Primaria en función de intereses partidistas”. Foi durante a intervención do conselleiro Antonio Gómez Caamaño, a quen Pérez reprobou, dixo, “a falta reiterada de médicos no centro de saúde” e tamén “o peche unilateral do PAC entre as tres da tarde e as dez da noite, que se mantén desde hai xa máis dun ano”.

Rosana Pérez dixo que “a cidadanía da Pobra comezou a mobilizarse hai un mes diante do seu centro de saúde para reivindicar a cobertura de tres médicos dun total de sete que debía haber no centro e que só tras estas protestas masivas a Consellería reaccionou ordenando a cobertura de dous facultativos con contratos eventuais”.

“É dicir, en Galiza, neste país no que segundo vostede non hai médicos, inmediatamente despois da numerosa protesta do día 3, apareceron 2 na Pobra, que, evidentemente, volverán desaparecer en canto xurda outro lume que vostedes consideren máis importante”, subliñou, ao tempo que falou de “uso indecente das listas de persoal facultativo”, feito que segundo dixo a deputada do BNG quedou en evidencia así mesmo en Ribeira, onde “despois de anos de deterioro brutal da asistencia no centro de saúde, repetíndonos ata a saciedade que non hai médicos, que non poden facer nada, que a culpa é de Madrid, empezaron a chegar facultativos e facultativas xusto despois da súa moción de censura como pago polos servizos prestados aos trileiros do PBB”.

É por iso que a deputada preguntou directamente ao conselleiro “en que lista de substitucións estaban eses médicos” e “cal é a legalidade do sistema, absolutamente indecente, que utilizan para cubrir prazas, ou non cubrilas, segundo os intereses partidistas”.

Respecto do PAC da Pobra, a deputada do Barbanza lembrou  na súa intervención que tras reducir o horario de 8 a 3 implicou desviar á veciñanza deste concello a ao PAC de Ribeira, “que leva anos nunha situación extrema por mor do seu desleixo e da súa irresponsabilidade”, salientou. “Nunha mesma xogada, desatende o PAC da Pobra e recarga o de Ribeira, onde aumentaron tamén as saídas de ambulancias a domicilio e a maior distancia”, agregou.

 Rosana Pérez advertiu na súa pregunta ao conselleiro que os galegos e as galegas “precisan solucións e non a súa propaganda”, ao tempo que o acusou de “facer que  a situación dos centros de saúde e dos hospitais da sanidade pública sexa cada día peor”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.