Ribeira celebrará un magosto popular organizado polo BNG, Altofalante e Galiza Nova

05 Novembro 2025

O BNG, a Asociación Cultural Altofalante e Galiza Nova organizan este sábado 8 de novembro un magosto popular na praza do Concello de Ribeira, nunha xornada festiva e aberta a toda a veciñanza que dará comezo ás 19:30 horas. Disto informaron este mércores 5 de novembro o responsábel local do BNG, Rafa Pazos, os edís Luís Pérez e Cruz Rivadulla e o presidente da asociación cultural Alfofalante David Casais.

O programa inclúe diversas actividades para todas as idades. Ás 19:30 horas celebrarase a presentación do libro infantil“O Magosto de Brais, do autor ribeirense Jorge Pérez Sampedro, unha obra ilustrada dirixida ao público máis novo.

Xa ás 20:00 horas, o magosto continuará con xogos populares, música do DJ Jalaiko e reparto gratuíto de castañas. Ás 21:30 horas celebrarase unha queimada popular a cargo de Nando Llon, e a partir das 23:00 horas pecharase a festa cunha foliada aberta.

O presidente de Altofalante, David Casais, destacou que esta será a primeira vez que a asociación colabora na organización deste magosto popular, que chega á súa segunda edición. “Dende a Asociación Cultural Altofalante colaboramos por primeira vez na organización deste magosto popular. A nosa achega será a presentación do libro O Magosto de Brais, do veciño de Ribeira Jorge Pérez, un volume ilustrado dirixido ao público infantil. Pareceunos interesante incluílo, dada a situación de emerxencia lingüística na que nos atopamos, porque iniciativas como esta, feitas integramente en galego, axudan a dar a coñecer entre os máis pequenos unha das nosas tradicións populares máis propias, como é o magosto.”

Pola súa banda, o portavoz do BNG en Ribeira, Luís Pérez Barral, subliñou que a cita quere ser un espazo de encontro e convivencia, de reivindicación da nosa cultura e das nosas tradicións.

“O magosto é unha das celebracións máis senlleiras e queridas do noso país, e queremos que en Ribeira tamén teña o protagonismo que merece. Con esta xornada buscamos crear un punto de encontro para a veciñanza, no que poidamos compartir, celebrar e poñer en valor a nosa cultura, a nosa lingua e as nosas tradicións populares. É tamén unha maneira de fortalecer o tecido social e asociativo, e de demostrar que o galego e as nosas festas teñen futuro cando as facemos entre todas e todos”, indicou Pérez Barral.

Desde as organizacións convidan á veciñanza de Ribeira e comarca a achegarse á praza do Concello para participar nesta celebración e desfrutar dunha tarde-noite de cultura, música e tradición galega.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...