Talía Teatro leva a Rianxo “Un deus salvaxe”, este sábado no Auditorio

05 Novembro 2025

O Auditorio de Rianxo vai acoller este sábado 8 de novembro a estrea no concello de Un deus salvaxe, de Talía Teatro. Será este sábado 8 de novembro ás 20.30 horas. Trátase dunha peza para público adulto de 70 minutos de duración. A entrada será de balde ata completar capacidade do espazo (con retirada de convites na billeteira do auditorio dende unha hora antes do comezo da función: máximo 2 por persoa).

Un deus salvaxe é un espectáculo abeirado ao Programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Escrita por Yasmina Reza, a obra ponnos na pel de dous matrimonios, adultos e civilizados, que teñen un encontro para resolver un incidente protagonizado polos seus fillos pequenos: un deles partiulle dous dentes ao outro nunha pelexa no parque. Nada que uns pais civilizados non poidan resolver. Con este argumento, Yasmina Reza compón unha sátira da sociedade contemporánea e debulla con humor as relacións de parella, a educación, a competitividade,… pero, sobre todo, o exceso de corrección política.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.