En Muros o Concello achega axudas a unha vintena de clubs e deportistas locais

04 Novembro 2025

O Concello de Muros fixo pública a resolución provisional das axudas concedidas aos clubs e os deportistas locais.

No caso dos clubs, as axudas son para a SCRD Esteirana; Asociación Os Salta Rejos; CA Serres Runners; Volantes de Baño FC; UD Monte Louro; CD Muros; CC Ciclista Muros, e CD Triki Team.

No caso dos deportistas individuais, reciben as axudas Víctor Ramos Sambade (Atletismo); Daniela Rama Figueiras (Tríatlon); Eva Formoso Recarey (Atletismo); Alejandra Formoso Recarey (Atletismo); María Fernández Martínez (Trialon); Rosana Fernández Martínez (Triatlon); Jesús García Figueroa (Atletismo); Gonzalo Ramos Sambade (Atletismo); Lúa Lago Lago (Taekwondo); Miguel Ángel Castro Hernández (Atletismo); e Noelia García Rama (Remo).

“Os clubs e deportistas de Muros adestran a diario moi duro e transmiten bos valores á sociedade, polo que desde o concello lles agradecemos o seu esforzo”, afirmou Damián Torea, concelleiro de Deportes.

A información atópase no taboleiro de anuncios do Concello de Muros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.