O Laboratorio Ecosocial do Barbanza impulsa un diálogo aberto sobre o papel da madeira galega na transición ecolóxica

31 Outubro 2025

A Fundación RIA, entidade coordinadora do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, organiza unha mesa redonda que busca promover o debate social e o intercambio de coñecemento arredor da madeira de proximidade como recurso estratéxico para o futuro do territorio. O obxectivo é impulsar a planificación e acción comunitaria para afrontar retos comúns como a prevención de incendios, a recuperación de áreas en abandono e a creación de emprego verde.

A cita será o xoves 6 de novembro ás 18:00h, na Casa RIA (Virxe da Cerca 6, Santiago de Compostela), que acollerá a mesa redonda Do monte á construción: madeira de proximidade para un futuro sostíbel, un encontro que reunirá representantes do sector forestal, da construción e das comunidades de montes.

A actividade forma parte do programa público da exposición do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, un proxecto coordinado pola Fundación RIA e apoiado pola Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

A mesa redonda contará coa participación de Alfredo Fernández Ríos (Axencia Galega da Industria Forestal – XERA), Pepe Suárez (Hijos de Vicente Suárez), Pablo Vázquez Muñiz (Clúster da Construción de Galicia) e Alejandro J. Bacelos (Enpezas, construción modular), baixo a moderación de Ovidio Queiruga, presidente da Comunidade de Montes de Baroña.

No marco da xornada, a Fundación RIA impulsa tamén unha consulta pública aberta, dispoñíbel en liña, que convida á cidadanía a compartir opinións e percepcións sobre o papel da madeira na transición cara a unha construción respectuosa co medio natural. A enquisa pretende “que o debate iniciado en Casa RIA chegue á rúa, promovendo unha reflexión colectiva sobre o futuro do monte galego e o desenvolvemento das economías locais”, explicaron o Laboratorio e a Fundación RIA.

O programa completarase o sábado 15 de novembro ás 11:30h na Casa Forestal de Baroña (Vilar 35, Porto do Son) cunha xornada práctica de transformación de madeira, que incluirá unha demostración de maquinaria forestal e serradoiros portátiles da marca Logosol. A actividade permitirá coñecer en directo os procesos de serrado e transformación da madeira, poñendo en valor o coñecemento técnico e comunitario asociado á xestión sostíbel dos montes. Colaboran a Plataforma pola Defensa do Monte, a Comunidade de Montes de Baroña e a empresa Timbertools, distribuidora oficial en España da marca Logosol.

As dúas citas forman parte do compromiso do Laboratorio Ecosocial do Barbanza por fortalecer a gobernanza territorial e crear espazos de encontro entre administracións, comunidade científica, sector produtivo e cidadanía, avanzando cara a un modelo de desenvolvemento máis xusto, resiliente e sostíbel.

Outros artigos

Concentración no Consistorio da Pobra en memoria das vítimas de Urda

A contorna da Casa Consistorial da Pobra acolleu este xoves 29 ao mediodía a celebración dun minuto de silencio gardado en memoria das vítimas do tráxico accidente ferroviario ocorrido en Urda (Toledo). O Concello da Pobra do Caramiñal expresou o seu máis profundo...

+

A noiesa Lorena Neu presentou en Lousame o seu libro Una nueva vida

A escritora noiesa Lorena Neu Louro, acompañada polo tamén escritor outense Ramón Blanco Fernández, presentaron de forma conxunta o primeiro libro de Lorena, Una nueva vida, na Casa da Cultura de Lousame. Trátase dunha obra cargada de superación, sensibilidade e...

+

A Regata Alca do Club Náutico Arousa Norte para Ziralla e Fixius

Imaxe de arquivo co Fixius, de Miguel Pérez-Lafuente, primeiro clasificado na División 2 á dereita. O sábado celebrouse a cuarta e última etapa da Regata Alca cun espectacular percorrido polo interior da ría de Arousa de 12 millas. O Ziralla, do RCN de Sanxenxo,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“500 noites” – Xulio Xiz

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.