Porto do Son convoca novas axudas para deportistas locais

28 Outubro 2025

O Concello de Porto do Son, a través da Área de Deportes, compartiu os detalles da nova convocatoria de bolsas a deportistas individuais locais.

O obxectivo destas axudas é apoiar a práctica e o rendemento deportivo local apoiando a persoas que pertenzan ou non a entidades deportivas do concello, e que destacaran na súa faceta competitiva durante o ano fixado na convocatoria, 2025.

A convocatoria está publicada no BOP da Deputación e máis na sede electrónica municipal.

Establécense tres liñas de subvención:

Bolsa A) Destinada a deportistas de disciplinas olímpicas ou paralímpicas, ou integrantes dos equipos das seleccións nacionais absolutas, con opción de clasificarse para participar na seguinte olimpíada, cunha contía de 2.500€ a repartir entre as tres puntuacións máis altas

Bolsa B) Destinada a outros/as deportistas que destacaran na súa faceta competitiva no ano a valorar, destinarase a cantidade fixada na convocatoria, cunha contía máxima de 1.000€ a repartir entre as 3 puntuacións máis altas

Bolsa C) Destinada a deportistas de categorías infantil e cadete, cunha contía máxima de 1.500€ a repartir entre as 3 puntuacións máis altas

O Concello confirmou que as liñas son incompatíbeis entre si, de xeito que as persoas solicitantes deberán optar na súa solicitude por unha ou outra modalidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.