O Concello de Boiro comeza o reparto de máscaras de protección a toda a veciñanza

27 Abril 2020

O Concello de Boiro comeza esta semana a facer o reparto de máscaras de protección de forma xeral para todos os veciños e veciñas empadroados no municipio. Serán os operarios de Protección Civil os que se encarguen de facer este reparto porta a porta, que comezará mañá martes nas vivendas das parroquias de Macenda e Cures. 

A idea é ir facendo o reparto de máscaras por parroquias, comezando por aquelas de menos habitantes ata facer o reparto por todo o municipio. Nos primeiros días está previsto que se repartan unhas 2.000 unidades entre as vivendas destas dúas parroquias para seguir polos demais núcleos do municipio segundo se vaian confeccionando as máscaras. 

As máscaras estanas realizando un grupo de 50 persoas voluntarias que as confeccionan nas súas casas coa tela cedida por Jealfer e o material que se lles fai chegar desde o Concello. Disponse de texido para realizar unhas 25.000 máscaras, que se van destinar a repartir porta a porta a todos os veciños e veciñas segundo se vaia dispoñendo delas.  

Este reparto de máscaras, que comeza esta semana, complementa o que xa se veu facendo nas últimas semanas de xeito puntual a aquelas persoas de grupos de risco. Os operarios de Protección Civil estiveron levando de xeito puntual máscaras aos fogares das persoas en risco de vulnerabilidade que se derivaron desde o departamento de Servicios Sociais e tamén a outras persoas e colectivos como taxistas, empregados da praza de abastos ou de axuda no fogar máis expostas ao virus. 

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.