A Deputación investirá en 2026 un millón de euros en subvencións a concellos para actuacións de protección do patrimonio cultural público

27 Outubro 2025

O deputado de Patrimonio, Xosé Penas, presentou na sede coruñesa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) o programa da Deputación DP0045/2026, de subvencións a concellos para actuacións de protección especial sobre o patrimonio cultural público ou de xestión municipal realizadas entre o 1 de xaneiro de 2026 e o 30 de xuño de 2027. Dirixidas a municipios de menos de 50.000 habitantes, as axudas serán dunha contía máxima de 150.000 euros por actuación e deberán solicitarse ata o 21 de xaneiro do ano que vén.

Poderán destinarse as subvencións á mellora de espazos públicos e inmóbeis patrimoniais de carácter público e titularidade municipal, con valor histórico-artístico, cultural, tipolóxico ou etnográfico, e tamén dos elementos integrados nos mesmos, que sexan bens declarados BIC ou catalogados.  Quedan fóra deste programa de actuación os bens móbeis.

Tampouco se poderá incluír ningún ben que xa estea incluído nalgún ámbito de actuación ou liña de traballo en curso da Deputación da Coruña, coma son os parques arqueolóxicos de Compostela Rupestre, Megalitismo da Costa da Morte  ou Idade de Ferro do Barbanza; os plans de sostibilidade turística en destino (PSTD) ou outros programas similares financiados pola administración provincial.

“Na Deputación somos conscientes da necesidade de actuar de xeito inmediato, e achegando recursos suficientes, para protexer e conservar adecuadamente o extraordinario patrimonio cultural que ten a provincia da Coruña”, explicou Penas, que estivo acompañado por Ruth Varela, presidenta da delegación coruñesa do COAG. O deputado expresou tamén a preocupación do seu departamento pola situación de determinados bens “que deben ser obxecto de protección inmediata”.

Pola súa banda, Ruth Varela deulles os parabéns a Penas é a Deputación “por esta sensibilidade co patrimonio e por este apoio aos concellos”. Varela puxo o acento tamén “na necesidade de que, desde a administración pública, se dean a coñecer e se apoien os procesos de patrimonialización e os procesos de concesión de valor, e de loitar contra os procesos de despatrimonialización, que son, xunto ao deterioro físico, o maior risco para o patrimonio cultural galego”.

Tanto as solicitudes coma o resto da tramitación do programa, realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesíbel desde a sede electrónica da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.