Un tramo do camiño Martín-Paramos (Ribeira) permanecerá cortado a otráfico neste luns por obras de pavimentación

24 Outubro 2025

O Concello de Ribeira informa de que o luns, 27 de outubro, realizaranse traballos de pavimentación no camiño de Martín-Paramos, no tramo comprendido entre o cruce con rúa Rabelo e o cruce coa vía de acceso á Fieiteira. Este treito estará pechado á circulación rodada dende as 08.00 ata as 21.00 horas, aproximadamente, polo que se recomenda á cidadanía o uso de rutas alternativas.

Os veciños do lugar poderán acceder en todo momento ás súas propiedades. Ao finalizar a xornada, abrirase novamente a vía e poderase circular
con total normalidade. Haberá sinalización vertical en distintos puntos da cidade advertindo sobre a afectación á circulación nesta estrada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.