Os empresarios de Ribeira familiarízanse co sistema Verifactu e coa emisión de facturas electrónicas

24 Outubro 2025

Este xoves 23 de outubro celebrouse en Ribeira, no local da Asociación de Empresarios, unha xornada de formación tecnolóxica para as pemes e persoas autónomas locais, unha charla que puxo o foco na facturación electrónica e nas obrigas que teñen as empresas de empregala. A charla Factura Electrónica: Verifactu 2026, impartida pola empresa Dynamics, resultou un éxito de participación, e de feito contou coa presenza de numerosas empresas interesadas en coñecer as novidades e requisitos que entrarán en vigor coa implantación da factura electrónica en 2026.

Na sesión resolvéronse dúbidas e axudouse ás persoas participantes a entenderen que é a factura electrónica, que cambios implica e que pasos deben darse para estar preparados, ademais de explicar que ferramentas serán necesarias e cales son as vantaxes de adaptarse con tempo.

Desde a Asociación de Empresarios destacouse “a alta participación” e “o interese mostrado polos asistentes”, reafirmando o compromiso da entidade coa formación e a dixitalización do tecido empresarial local.

Esta iniciativa estivo co-financiada pola Xunta de Galicia.

Verifactu: que é e cando entra en vigor

A partir do 1 de xaneiro de 2026, todas as empresas e persoas autónomas que emitan facturas terán que contar cun software adaptado ao sistema Verifactu.​

Verifactu é un sistema de emisión de facturas verificábeis, impulsado polo Goberno de España, dentro do contexto de a Lei Antifraudes. O obxectivo é que “as empresas remitan directamente a Facenda as facturas cando se emitan”.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.