A Aula CeMIT de Boiro achega formación sobre LibreOffice

23 Outubro 2025

A Aula CeMIT do Concello de Boiro lanza un novo programa formativo para o mes de novembro con cursos que se van impartir no Centro Social de Boiro. Para participar é necesaria inscrición previa mediante o enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou nos teléfonos 981 84 26 35 ou 629 769 139.

A formación deste mes de novembro é sobre o paquete de ofimática de LibreOffice (Writer, Calc, Base e Impress) e terá lugar do 4 ao 26 de novembro de 10.00 a 12.00 horas.

LibreOffice é unha completa suite de oficina de software libre, non privativo. LibreOffice incorpora varias aplicacións libres para a xestión ofimática: Writer, o procesador de textos, Calc, a folla de cálculos, Impress, o editor de presentacións, Draw, a aplicación de debuxo e diagramas de fluxo, Base, a base de datos e interface con outras bases de datos, e Math para a edición de fórmulas matemáticas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.