A plataforma pola sanidade pública do Barbanza concéntrase este xoves en Ribeira e este venres na Pobra (ao mediodía nos centros de saúde)

23 Outubro 2025

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública no Barbanza vaise concentrar novamente este xoves 23 de outubro ao mediodía, a partir das 12.00 no Centro de Saúde de Ribeira. O obxectivo será esixir a cobertura do cen por cen das prazas do persoal dos ambulatorios de Ribeira e de Aguiño. Máis en concreto, reclamarase a cobertura das prazas de médicas/os de familia en Ribeira. Ademais, este venres ás 12 celebrarase tamén unha concentración na Pobra do Caramiñal, reclamando tamén a cobertura do cen por cen das prazas de medicina de familia.

Como de costume, a axenda inclúe a lectura de manifestos en defensa dun sistema sanitario público, universal e de calidade, que porán o foco na precariedade do servizo sanitario na comarca do Barbanza, que, segundo denuncian dende a plataforma, “levan anos sufrindo falta de medios e persoal” e “precisan medidas urxentes da Consellería de Sanidade para emendar unha situación, de por si crítica, que se agrava estas semanas de xullo e agosto coa chegada da poboación turista”.

Entre as principais queixas figuran a falta de médicas/os de familia, o colapso nas citas de atención primaria, a redución de servizos no hospital comarcal e a precariedade laboral do persoal sanitario. Os manifestantes tamén esixen máis recursos para a atención á saúde mental e unha maior cobertura nos centros periféricos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.