Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

22 Outubro 2025

Como todos os meses, chega outro número da nosa revista Código Cero na súa edición impresa que chega o número 267, que se pode ver de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención aos certames dedicados aos creadores de contido en galegos (Youtubeiras e Galetiktokers). Tamén abordamos os seguintes temas:

– INECO-RuralTIC leva a alfabetización dixital aos concellos de menos de 10.000 habitantes
– O CITIC distingue a innovación da nova xeración tecnolóxica galega (Premios XoveTIC)
– Pixel á Feira converterá Compostela na capital galega do videoxogo os días 8 e 9 de novembro
– O CNTG incrementa as horas de formación nun 32% no presente curso
– Entrevistamos a Leti da Taberna
– Abertas as inscricións para participar no evento galego Ciber.gal
– O CPEIG aposta polo fomento da protección tecnolóxica coa súa presenza activa en Ciber.gal
– O MUVI e a Biblioteca de Galicia reivindican e protexen o videoxogo galego
– Os Premios Youtubeiras+ ábrense a todas as redes sociais e todos os formatos
– A 6ª edición dos premios Galetiktokers abranguen este ano tódalas franxas de idade
– Balidea aposta firme pola Intelixencia Artificial responsable
– Galicia activa a liña de comunicación cuántica máis longa de España (CESGA)
– O Centro de Supercomputación de Galicia acollerá unha fabrica europea de IA
– A Deputación da Coruña lanza plataforma para apoiar o comercio local
– Boa parte das contribucións para actualizar o Plan da Lingua poñen o foco no ámbito dixital
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– O ámbito universitario galego achega importantes novidades gamer

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.