Compromiso Outes esixe o cese inmediato do concelleiro tránsfuga Antonio Caamaño tras facerse firme a súa expulsión do PSOE

22 Outubro 2025

O grupo municipal de Compromiso Outes solicitou formalmente ao alcalde Francisco Calo a retirada inmediata de todas as competencias delegadas ao concelleiro Antonio Caamaño, despois de que o Concello recibise a resolución da Comisión Federal de Ética e Garantías do PSOE que fai firme a súa expulsión do partido.

Segundo o comunicado da formación, a firmeza da expulsión implica que Caamaño pasa a ser concelleiro non adscrito, polo que debe abandonar o Grupo Mixto no que figuraba ata agora. Ademais, lembran que coa confirmación da sanción, o edil adquire oficialmente a condición de tránsfuga, ao ter apoiado a moción de censura que fixo alcalde ao popular Francisco Calo “en contra do criterio de todos os órganos do PSdeG-PSOE”.

Compromiso Outes sostén que, segundo a normativa vixente, un concelleiro nesta situación non pode formar parte do goberno nin recibir delegacións, xa que “non debe mellorar a súa posición respecto ao momento no que asinou a moción de censura”. Recordan tamén que Caamaño abandonara o grupo de goberno días antes da presentación da moción, anunciando a súa intención de pasar á oposición.

Fontes da formación subliñaron que o informe da secretaría municipal é claro ao respecto: “O señor Calo debe cesar de inmediato ao concelleiro tránsfuga. Do contrario, estaría desobedecendo un informe dos servizos xurídicos do concello, algo moi serio”, advertiron.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.