O Goberno de Rianxo levará a pleno o proxecto para a construción do centro de día no Pazo de Rianxiño

17 Outubro 2025

O equipo de Goberno de Rianxo vai levar a pleno o proxecto para a construción do centro de día nas dependencias do Pazo de Rianxiño.

Preténdense executar unha serie de actuacións que teñen por finalidade o acondicionamento do espazo necesario para a posta en funcionamento do servizo, que contará con ata 45 prazas. Así, o centro de día sumarase á residencia que a Deputación da Coruña construirá a poucos metros do Pazo de Rianxiño (a Casa de Acompañamento de Rianxo, que seguirá o modelo de espazos abertos, confortábeis e humanizados que impulsa a Deputación).

O alcalde Julián Bustelo informou que “no seu conxunto as diferentes actuacións previstas no proxecto, que conta xa coa autorización da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, acadan un investimento lixeiramente superior aos 170.000€”.

Lembrar que a compra do Pazo de Rianxiño para a devandita finalidade foi aprobada no seu día por todos os grupos da Corporación, en 2018. O Concello afrontou logo a adquisición do inmóbel por 1,6 millóns mediante un crédito e a colaboración da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.