A Xunta de Galicia vén de adxudicar a subministración de dúas salas de radioloxía dixital robotizadas destinadas aos hospitais de Barbanza e Cee, cun investimento superior aos 720.000 euros.
Esta nova dotación de alta tecnoloxía sanitaria permitirá optimizar os procedementos de imaxe médica, mellorando tanto a precisión diagnóstica como a seguridade dos pacientes e a eficiencia dos profesionais sanitarios.
Ademais, os hospitais disporán de sistemas de radioloxía portátil dixital, que facilitarán a realización de estudos radiolóxicos en pacientes con mobilidade reducida, evitando o seu traslado e garantindo unha atención máis rápida e cómoda.
Con esta actuación, o Goberno galego continúa avanzando na modernización dos servizos de diagnóstico por imaxe e na renovación do equipamento tecnolóxico da rede hospitalaria pública.




