“Pobreza vergoñenta” – José Manuel Pena

15 Outubro 2025

Ademais das cifras oficiais, facilitadas polos propios institutos de estatística, de organismos internacionais así como de varias entidades sociais e ONG, o certo é que hai unha bolsa de “pobreza oculta” de persoas que se senten “fracasadas”, nesta sociedade egocéntrica e con tanto aproveitado, que teñen “vergoña” de acudir en busca de axuda. Prefiren comer unha soa vez ao día, mesmo durmir nun caixeiro, á beira dun centro comercial ou nunha cabana abandonada de calquera monte, antes que pedir axuda.

Esta pobreza oculta está formada por moitas persoas que o tiveron todo: propiedades, bos soldos ou elevados ingresos, gozaban das súas vacacións retribuídas, ceaban todas as fins de semana nalgún bo restaurante. Agora, por culpa da burbulla inmobiliaria ou a tan desapiadada crise económica, financeira e de valores, quedáronse co posto. Quedáronse no camiño e non foron capaces de afrontar nin de interiorizar esa realidade. A maioría dos departamentos municipais dos servizos sociais teñen un traballo adicional ao tratar de aflorar esa bolsa de pobreza e que todas esas persoas poidan ser debidamente atendidas.

Desde a sociedade civil, non podemos seguir alleos a esa realidade e hai que comprometerse. Eduardo Galeano, comentaba que “moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo”. Pois, a que esperamos, cambiémolo e non permitamos que haxa nin un só ser humano en situación de vulnerabilidade e pobreza.

Outros artigos

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

Una alternativa a las residencias. Puede ser la historia de Benito, Matilde, Juan y Ana u otros. Vives solo sin gato, ni perro que te ladre, la soledad de una manera o de otra mata. Tienes piso, o lo tiene el otro, o ninguno, sois amigos desde la infancia, o desde...

+

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión