ADEGA impulsa preto de 40 limpezas simultáneas de praias, coa participación de O Son, Muros, A Pobra e Ribeira

14 Outubro 2025

A asociación ecoloxista ADEGA pon a punto a XIV Limpeza Simultánea de Praias, que terá lugar ao longo de 22 concellos da costa galega na fin de semana do 17, 18 e 19 de outubro, baixo o lema Únete á marea!. Nela participarán case 40 entidades, entre asociacións, concellos, colectivos ecoloxistas, centros de ensino, “algúns deles”, segundo sinalan dende ADEGA, “xa son participantes asiduos neste tipo de limpezas, mais tamén hai novas entidades que se suman agora por primeira vez a esta gran convocatoria do voluntariado galego”. Entre os concellos da nosa contorna figura o de Muros (co apoio do Concello e a máxima implicación do CEIP Ricardo Tubío, o CEIP Ramón Artaza, o CEIP de Louro, contándose tamén con ADEGA Santiago), o da Pobra do Caramiñal (coa implicación do Concello, o CEP Pilar Maestú Sierra e o CEP Salustiano Rey Eiras), o de Porto do Son (contándose coa participación do IES de Porto do Son, do CEIP de Portosín e AFEXDI Santiago) e o de Ribeira (grupo de veciñas e veciños).

ADEGA sinala que foron “chamados a participar e a denunciar, así, a problemática ambiental do lixo mariño, os centros de ensino, escolas de surf e mergullo, clubs de piragüismo e vela, sector da pesca e marisqueo, concellos do litoral, e entidades de todo tipo de Galiza, tanto públicas como privadas, ademais das persoas particulares”. 

As limpezas mobilizarán numeroso voluntariado ambiental que se desprazará a praias de toda a costa galega para contribuír a deixalas libres de lixo, nunha gran xornada de voluntariado e concienciación social. 

Para facilitar a inscrición de persoas, ADEGA pon a disposición un mapa con todas as convocatorias previstas ao longo da costa galega.

Aquelas que estean impulsadas por grupos abertos que permitan inscrición, contarán coa información de contacto necesaria para consultar punto de encontro e horarios e unirse á limpeza. Nas redes sociais de cada entidade organizadora tamén estará dispoñíbel a información clave de inscricións. ADEGA chama a todas as persoas que queiran participar nesta gran xornada de voluntariado a “procurar no mapa a praia que mellor lle conveña e a contactar coa asociación ou concello que organiza a limpeza nela”.

As limpezas serán ecolóxicas, non mecanizadas, e tratarán de eliminar boa parte dos residuos que están nas praias, coa idea de chamar a atención da sociedade sobre a súa contaminación, procedente de terra adentro.

ADEGA lembra que as principais causas desta problemática ambiental débense situar no modelo de consumo e produción baseado no “usar e tirar”, na deficiente xestión dos residuos que xeramos e na falta de concienciación dalgúns sectores da poboación. Todo iso provoca que, cada ano, 10 millóns de toneladas de lixo rematen nos océanos, procedentes, en parte, da industria do mar (pesca, extraccións…), pero tamén dos nosos fogares. 

Concellos colaboradores 

Esta actividade está financiada polos concellos de Ares, Cambados, Cangas, Fene, Muros, Nigrán, O Grove e Poio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.