As Xornadas de Pensamento e Creación conmemoran o 75 aniversario do falecemento de Castelao

14 Outubro 2025

As Xornadas de Pensamento e Creación que veñen celebrándose en colaboración entre a Universidade de Vigo e a Aula Castelao de Filosofía, o presente ano dedícase a conmemorar o 75 cabodano de Castelao.

Celebraranse o xoves 16 e o venres 17 de outubro a partir das 19:00 h. na Casa das Campás, no vicerreitorado da Universidade de Vigo en Pontevedra.

Como todos os anos, combinan unha palestra cunha actividade creativa. Nesta ocasión o primeiro día, o xoves 16,  ás 19:00 h. Impartirá a súa conferencia o escritor Manuel Rei Romeu co título A creación literaria de Castelao. Ás 20:30 Concerto de Ugia Pedreira e Alejandro Vargas.

O venres 17, ás 19:00 h. Conferencia do profesor Paulo Porta Martínez co título A creación artística de Castelao. Ás 20:30 proxección do documental As cruces de pedra na Bretaña (O retorno) da A. C. Vagalumes.

–Manuel Rei Romeu. Profesor de Lingua e Literatura Galega, especialista na obra de Castelao, de quen publicou os seguintes estudos:

Arte e Verdade. A obra literaria de Daniel Castelao, 1991, Edicións do Cumio.

Castelao e Sempre en Galiza, 1996, Laiovento.

Alfonso Daniel Castelao, 1999, A Nosa Terra.

Volver a Castelao, 2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Participando en multitude de taballos colectivos, congresos e palestrar sobre este autor. Recentemente vén de publicar: Castelao, desta terra e deste tempo coa editora Tempo Galiza.

–A Pedreira & Alejandro Vargas.

Ugia Pedreira. Compositora e intérprete.  Folk, ska, electrónica, latin, trad… O de Ugia é explorar texturas e dimensións, tanto á hora de compoñer coma coa súa voz. O traballo que agora presenta, o disco Segmento cantábrico xunto co minipoemario Atalaia Norte, é o primeiro que asina como A Pedreira. Porque nel está e non está a Ugia de Chouteira, de Ecléctica Ensemble, de Marful, de Nordestin@s, de Acrobata ou A comuna del Barruzo. Afirma o xestor cultural Xavier Campos que este novo proxecto, que combina folk electrónico con spoken word e poesía, é “un disco xeneroso, cheo de leccións e aprendizaxes que non se ofrecen, son. Un disco que vai perdurar, que abre unha nova etapa, despois de deconstruír o palco e mirar de fronte a esencia”.

Alejandro Vargas é compositor e pianista cubano Foi profesor de Harmonía e Piano Popular na Cátedra de piano da Universidade da Habana (ISA) entre 2006 e 2008. Tamén é compositor adxunto á Escola Internacional de Cinema de San Antonio dos Baños, onde traballa como compositor de música para curtos audiovisuais e documentais.Actualmente desenvolve un intenso traballo sobre a improvisación libre e o free jazz. A dúo co excelente baterista Luis Alberto Legido presentan o seu máis recente traballo coa gravación do CD OperSuite e realizando MasterClass en diversos foros. Desenvolven un amplo percorrido musical, desde o abstracto ata o máis tradicional, onde os estándar de jazz e a música popular cubana, son levados á estética da improvisación libre, onde se exploran e extralimitan a forma tradicional de tocar o seu instrumento incorporando diferentes obxectos sonoros que enriquecen a súa linguaxe, son e performance.

–Paulo Porta Marftínez. Profesor e pintor. Comezou os seus estudos sobre a obra de Castelao en Valencia, onde se licenciou en Belas Artes e onde investigou a actuación deste creador durante a guerra e concretamente o desenvolvemento dos seus albumes de Guerra, coa publicación da obra: 1937, Castelao e Souto en Valencia. Logo continuou estudando o conxunto da creación artística de Castelao intervindo en múltiples congresos e palestras.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.