A Policía de Rianxo investiga a unha muller por inutilizar un vehículo destinado ao reparto de computadores e máscaras

24 Abril 2020

A Policía Local de Rianxo vén de achegarnos un novo balance actualizado da actividade destinada a garantir o cumprimento das disposicións do Estado de Alarma pola pandemia, un traballo (controis estáticos e móbiles por todo o termo municipal) que está a realizar conxuntamente e de maneira coordinada coa Garda Civil de Rianxo e máis con efectivos da BRILAT, ao abeiro da Operación Balmis. Segundo informou a Policía Local, até o de agora foron interceptados, identificados e verificados 2.345 vehículos, identificadas 575 na vía pública e efectuadas 107 denuncias administrativas. Amais, investigáronse xudicialmente 3 persoas por incumprimento das medidas de confinamento.

No balance tamén se informa da detención dun varón como autor dun delito de desobediencia, resistencia e atentado a axentes da autoridade, “feitos nos que está implicado outro familiar desta persoa pendente de localización e detención”, explicaron os axentes, engadindo que tamén se está a investigar á presunta autora dunha serie de danos nun vehículo municipal e que resultou “plenamente identificada” grazas á colaboración cidadá. Os danos foron estimados por valor de 1.000 euros. O vehículo danado estábase empregando para o reparto de material informático de apoio a rapaces para a distribución de máscaras protectoras e outro material anti-COVID, quedando inutilizado para o servizo como consecuencia da devandita acción.

1.300 requirimentos

No informe da Policía Local tamén se fai saber que dende o inicio do Estado de Alarma foron atendidos máis de 1.300 requirimentos de información ou asistencia á cidadanía, e prestouse auxilio (en colaboración co persoal de Servizos Sociais de Rianxo e outros departamentos do Concello) a persoas en estado de vulnerabilidade.

Amais, ao abeiro do plan establecido pola Delegación do Goberno en Galicia e o propio Concello de Rianxo, repartíronse máscaras protectoras e, tamén, colaborouse co Departamento de Vías e Obras do Concello, o Parque de Bombeiros de Boiro e o persoal da BRILAT nos distintos operativos de limpeza e desinfección de instalacións estratéxicas, de servizos públicos, centros sanitarios e inmediacións de espazos comerciais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.