O Concello de Rianxo ampliará a rede de abastecemento entre Corques e Outeiro

13 Outubro 2025

O Concello de Rianxo segue adiante con proxectos que melloren as infraestruturas dos núcleos rurais. O alcalde Julián Bustelo informou esta fin de semana que a Administración local xa conta con todos os permisos para iniciar o procedemento destinado a sacar a licitación (nos próximos días) o proxecto de ampliación da rede municipal de abastecemento de auga entre os núcleos de Corques e Outeiro, na parroquia de Taragoña.

O proxecto, que conta cun orzamento de 90.713,70€, inclúe a disposición de tubaxe na marxe da AC-305, a reposición da beirarrúa e a rexeneración completa de todas as vías municipais que se vexan afectados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.