Paty Lesta (Tulis) leva a Miñortos este domingo o espectáculo para a rapazada “Os Rizos de Lía”

10 Outubro 2025

Proseguen esta fin de semana as actividades do II Ciclo Cultural Infantil Itinerante de Porto do Son, organizado pola Área de Cultura de Concello co obxectivo de achegar lecer, música e artes escénicas a todas á rapazada de todas as parroquias do concello.

Este domingo 12 de outubro é a quenda do contacontos musical Os Rizos de Lía (Tulis), que nos conta a historia de Lía, unha nena valente que emprende unha viaxe chea de emocións, aventuras e descubrimentos. Será na Casa da Cultura de Miñortos, a partir das 18.00 horas. A encargada de contar a historia de Lía será Paty Lesta. Organiza o Concello coa colaboración da Deputación de Coruña.

A través deste espectáculo, o público infantil conecta con valores como a amizade, a autoestima, o respecto pola identidade ou a importancia de confiar nunha mesma. Todo isto acompañado de música “para reflexionar, emocionarse e bailar”, segundo avanza Tulis, a contadora aventureira.

Cristian Leggiero: creador da historia e compositor das cancións da mesma

Paty Lesta – Tulis, a contadora aventureira
: cantante e narradora.

Outros artigos

Mércores 28, xornada de tempo seco e máximas en ascenso

A metade oeste concentrará a maior parte da nubosidade, mentres que os termómetros gañarán graos durante as horas centrais do día. A comunidade galega vivirá este mércores unha xornada marcada polo tempo seco e un ascenso moderado das temperaturas máximas, como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.